Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Noia habilitará varios desvíos de tráfico mañá martes durante o aglomerado da Praza das Américas


 

O Concello de Noia informa de que mañá martes comezarán os traballos de aglomerado da praza das Américas, que están sendo executados pola empresa Barnacle Obras y Servicios SL e nos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste 59.715,44 euros. O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “durante toda a xornada haberá desvíos sinalizados, toda vez que é a zona principal de entrada/saída a San Lázaro”.

Un dos desvíos estará habilitado á altura da capela da Ponte de San Francisco, accedendo pola DP-5709 ata San Lázaro dende a estrada Boiro-Noia (DP-1105), ben polo Campo de Noia (se se accede dende a vila) ben dende a propia DP-1105 (se se accede dende Boiro). O outro desvío estará sinalizado á altura da fonte de San Breixo, no propio barrio de San Lázaro, e permitirá acceder ou saír cara Lousame, a través da DP-5709 e da DP-4202, sentido O Couto – Berrimes.